7.2.6. Redución por obtención de rendementos do traballo
A redución por obtención de rendemento de traballo unicamente aplicarase aos contribuíntes con rendementos netos do traballo inferiores a 14.450 euros sempre que non teñan rendas, excluídas as exentas, distintas das do traballo superior a 6.500 euros. Nestes casos aplicarase tanto o gasto de 2000 euros como esta redución. O importe da redución será:
-
Contribuíntes con rendementos netos do traballo iguais ou inferiores a 11.250 euros: 3.700 euros anuais.
-
Contribuíntes con rendementos netos do traballo comprendido entre 11.250 e 14.450 euros: 3.700 euros menos o resultado de multiplicar por 1,15625 a diferenza entre o rendemento do traballo e 11.250 euros anuais.
Con esta finalidade, o rendemento neto do traballo será o resultante de minorar o rendemento íntegro nos gastos previstos nas letras a), b), c), d) e e) do artigo 19.2 da Lei do Imposto.
Como consecuencia da aplicación da redución prevista neste artigo, o saldo resultante non poderá ser negativo.