Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

8.1.1.4. Formalización

Deberá cubrir os seguintes apartados.

  • NIF DA ENTIDADE

    Consigne o número de identificación fiscal (NIF) da entidade en réxime de atribución de rendas cuxas rendas atribuídas deban incluírse neste apartado e de que o contribuínte é socio, comuneiro ou partícipe. Recadro 0196.

    As entidades Non residentes que carecen de NIF, consignarán no recadro  0196 o número de identificación que teñan asignado as citadas entidades no país de residencia, e marcasen cunha “X” o recadro  0197 para indicar esta circunstancia.

  • PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN DO CONTRIBUÍNTE NA ENTIDADE

    Consignarase neste recadro, expresado con dous decimais, a porcentaxe de participación que ten o socio, partícipe ou comuneiro na entidade en réxime de atribución de rendas.

  • RENDAS ATRIBUÍDAS

    Consignarase o rendemento neto atribuído nos recadros correspondentes en función da fonte de onde proceda: rendementos do capital mobiliario distinguindo aqueles a integrar na base impoñible xeral ou do aforro, rendementos do capital inmobiliario, rendementos de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais, distinguindo así mesmo dentro destas últimas as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.

    Consignarase tamén, se é o caso, o importe das  reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

    Atención: As rendas correspondentes ao réxime especial de imputación de rendas inmobiliarias deberán declararse no apartado "Bens inmobles a disposición dos seus titulares" (apartado C da páxina  5 da declaración).

    • Rendementos do capital mobiliario a integrar na base impoñible xeral:

      Deberá facilitar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das  reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

    • Rendementos do capital mobiliario a integrar na base impoñible do aforro:

      Deberá facilitar a seguinte información:

      • Deberá consignar o conxunto de rendementos de capital mobiliaria sen incluír os rendementos que se indican no apartado seguinte.

      • Deberá distinguir os rendementos de capital mobiliario derivados de débeda subordinada ou de participacións preferentes (diferenciando os rendementos positivos dos negativos) de que non deriven deste tipo de produtos.

    • Rendementos do capital inmobiliario (inmobles arrendados ou cedidos a terceiros)

      Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá facilitar o rendemento neto atribuído pola entidade en atribución de rendas e, se é o caso, as reducións e minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

      Se o rendemento neto atribuído menos as reducións e minoracións se é o caso aplicables, é inferior ao rendemento mínimo computable en caso de parentesco, deberá indicar no apartado da xanela referente a "Rendemento neto atribuído" o rendemento mínimo en caso de parentesco e non incluír ningún dato en "Reducións e Minoracións" .

      Deberá relacionar tamén os inmobles arrendados ou cedidos a terceiros, indicando os seguintes datos que aparecerán reflectidos posteriormente no modelo de declaración no apartado " Relación de bens inmobles arrendados ou cedidos a terceiros por entidades en réxime de atribución de rendas" do apartadoC da páxina  6 da declaración:

      • Titularidade: Reflectirase a porcentaxe na titularidade do inmoble como consecuencia da participación na entidade.

      • Natureza:Indicarase se o inmoble ten natureza rústica ou urbana.

      • Situación:   Seleccionarase a clave que corresponda á situación do inmoble entre as que aparecen no desdobrable da xanela.

      • Referencia catastral: Recollerase neste apartado a referencia catastral do inmoble que consta no recibo do Imposto de Bens Inmobles que corresponde ao mesmo.

    • Rendementos de actividades económicas :

      Deberá marcar cunha X no recadro correspondente se opta, para os efectos da imputación temporal dos rendementos, pola aplicación do criterio de cobramentos e pagamentos, en lugar do de devindicación.

      Deberá elixir o réxime de determinación do rendemento neto e consignar o rendemento neto atribuído e, se é o caso, o importe das  reducións e as minoracións ás que tivese dereito o contribuínte.

      Redución por inicio de actividade (para estimación directa): Deberá indicar na xanela de captura de datos o rendemento neto atribuído diminuído nas reducións e minoracións aplicables).

      IMPORTANTE

       

      No caso de percibir rendementos de actividades económicas de varias entidades, deberá reagrupar os rendementos en dúas columnas diferenciadas, por un lado todas as cantidades cuxo rendemento sexa positivo, e noutra columna todas as imputacións que sexan negativas.

    • Ganancias e Perdas patrimoniais imputables a 2017 : Deberá indicar nos recadros correspondentes as ganancias e / ou perdas patrimoniais atribuídas pola entidade, distinguindo as que deriven ou non da transmisión dun elemento patrimonial.

      Distinguiremos primeiramente, as ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión dalgún elemento patrimonial.

      A continuación deberemos consignar primeiramente as ganancias patrimoniais atribuídas pola entidade que derivan da transmisión de elementos patrimoniais.

      No apartado seguinte, e no caso de que o importe da transmisión sexa destinado a constituír unha renda vitalicia, deberemos consignar o devandito importe.

      Se á ganancia patrimonial obtida é de aplicación a Disposición Transitoria Novena, isto é, se o elemento patrimonial transmitido foi adquirido con anterioridade a 31 de decembro de 1994, deberase consignar o valor de transmisión do elemento patrimonial ao que se lle aplica determinados índices correctores parte do valor desde a data de adquisición a 20 de xaneiro de 2006.

      Se a transmisión efectuada é a dun inmoble urbano adquirido entre o 12 de maio e 31 de decembro de 2012, a ganancia patrimonial obtida estará exenta nun 50 %. Debendoo consignar no recadro 0223.

      No recadro 214 seguinte deberemos consignar a ganancia patrimonial producida pola transmisión dalgún elemento patrimonial que estivese exenta polo reinvestimento en retas vitalicias.

      Se o importe da ganancia está exenta por reinvestimento en entidades de nova ou recente creación, deberá indicaro no recadro 0225.

      Nos seguintes recadros 0226 e 0227 deberemos incluír as ganancias susceptibles de redución polo DT 9ª, e as reducións aplicables.

      Finalmente deberemos consignar no recadro  0230 as perdas patrimoniais producidas pola transmisión de elementos patrimoniais.

  • RETENCIÓNS E INGRESOS A CONTA ATRIBUÍDOS

    Consignaranse as retencións e ingresos a conta atribuídos, o programa trasladará o importe á casilla0565 da páxina 19 da declaración.

RENDEMENTO MÍNIMO COMPUTABLE EN CASO DE PARENTESCO (Artigo 24 Lei)

Cando o adquirente, cesionario, arrendatario ou subarrendatario do ben inmoble ou do dereito real que recaia sobre o mesmo, sexa o cónxuxe ou un parente do contribuínte, incluídos os afíns, ata o terceiro grao inclusive (pais-fillos; avós-netos; irmáns; tíos-sobriños), o rendemento neto total non poderá ser inferior ao que resulte de aplicar as regras do apartado "IMPUTACIÓN DE RENDAS INMOBILIARIAS".