Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

8.2.3.2. Accións e participacións non admitidas a negociación en mercados oficiais

Da transmisión a título oneroso de valores ou participacións non admitidos a negociación en mercados secundarios oficiais de valores definidos na Directiva 2004/39/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, e representativos da participación en fondos propios de sociedades ou entidades, a ganancia ou perda computarase pola diferenza entre o valor de adquisición e o valor de transmisión.

Agás proba de que o importe efectivamente satisfeito correspóndese co que convirían partes independentes en condicións normais de mercado, o valor de transmisión non poderá ser inferior ao maior dos dous seguintes:

  • O teórico resultante do balance correspondente ao último exercicio cerrado con anterioridade á data de devindicación do Imposto.

  • O que resulte de capitalizar ao tipo do 20 por 100 o termo medio dos resultados dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data de devindicación do Imposto. A este último efecto, computaranse como beneficios os dividendos distribuídos e as asignacións a reservas, excluídas as de regularización ou de actualización de balances.

O valor de transmisión así calculado tera en contase para determinar o valor de adquisición dos valores ou participacións que corresponda ao adquirente.

Cando existan valores homoxéneos considerarase que os transmitidos polo contribuínte son aqueles que adquiriu en primeiro lugar (art. 37.2 Lei).

DEREITOS DE SUBSCRICIÓN

O importe obtido pola transmisión de dereitos de subscrición procedente destes valores ou participacións terá a consideración de ganancia patrimonial para o transmitente no período impositivo en que se produza a citada transmisión, considerando como período de permanencia dos dereitos o que corresponda aos valores dos que procedan.

Cando non se transmita a totalidade dos dereitos de subscrición, entenderase que os transmitidos corresponden aos valores adquiridos en primeiro lugar (art. 37.2 Lei).

ACCIÓNS LIBERADAS

  1. Accións totalmente liberadas

    Cando se trate de accións totalmente liberadas, o valor de adquisición tanto destas como de que procedan resultará de repartir o custo total entre o número de títulos, tanto os antigos coma os liberados que correspondan; e considerarase como antigüidade das mesmas a que corresponda ás accións das que procedan (art. 37.2 Lei).

  2. Accións parcialmente liberadas

    Cando se trate de accións parcialmente liberadas, o seu valor de adquisición será o importe realmente satisfeito polo contribuínte e a súa antigüidade será a que corresponda segundo a data da entrega.

DISTRIBUCIÓN DA PRIMA DE EMISIÓN E REDUCIÓN DE CAPITAL CON DEVOLUCIÓN DE ACHEGAS

No caso de distribución da prima de emisión de accións ou participacións, ou de redución de capital que teña por finalidade a  devolución de achegas (art. 33.3.a) Lei), o importe obtido minorará, ata a súa anulación, o valor de adquisición das accións ou participacións afectadas e o exceso que, se é o caso, resulte tributará como rendemento de capital mobiliaria. Se a redución de capital procede de beneficios non distribuídos, a totalidade das cantidades percibidas por este concepto tributarán de acordo co previsto no apartado 1º do artigo 25.1.a) da Lei.