8.2.3.8. Indemnizacións por perdas ou sinistros
De indemnizacións ou capitais aseguradas por perdas ou sinistros en elementos patrimoniais, computarase como ganancia ou perda patrimonial a diferenza entre a cantidade percibida e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano.
Cando a indemnización non fose en metálico, computarase a diferenza entre o valor de mercado dos bens, dereitos ou servizos recibidos e a parte proporcional do valor de adquisición que corresponda ao dano.
Só se computará ganancia patrimonial cando se derive un aumento no valor do patrimonio do contribuínte.