Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

8.2.6.1.3. Outras ganancias e perdas patrimoniais que non derivan da transmisión de elementos patrimoniais

Con carácter xeral, incluiranse neste apartado, as ganancias (recadro 0289) e as perdas (recadro 0290) que non deriven da transmisión de elementos patrimoniais.

As ganancias derivadas de subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado incluiranse no recadro 0283.

As ganancias derivadas da obtención en 2017 doutras distintas das anteriores subvencións ou axudas destinadas á adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual ou á reparación de defectos estruturais na mesma, deberán incluírse no recadro 0284.

Incluiranse no recadro  0287  as subvencións e axudas para rehabilitación de vivendas distintas da vivenda habitual. E incluirase por exemplo no recadro 0288, a devolución dunha subvención recibida para a adquisición dunha vivenda de protección oficial, como consecuencia de incumprir o requisito de non vender a vivenda nun determinado prazo.

As cantidades percibidas en concepto de Renda Básica de Emancipación incluiranse no recadro 0286.

Así mesmo, incluiranse no recadro  0285 as ganancias obtidas polos veciños como consecuencia de aproveitamentos forestais en montes públicos.