Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2017

8.7.8. Dedución por rendementos derivados da produción de bens corporais nas Canarias

Os rendementos derivados da venda de bens corporais producidos nas Canarias polo propio contribuínte gozan dunha bonificación do 50 por 100 da cota correspondente aos mesmos.

REQUISITOS

  • Que os rendementos se deriven da venda de bens corporais producidos nas Canarias polo propio contribuínte.

  • Que se trate de actividades agrícolas, gandeiras, industriais ou pesqueiras. No referente á pesca de altura, para beneficiarse desta bonificación cómpre que se desembarque en portos canarios e manipúlese ou transforme no arquipélago.

  • Que os contribuíntes estean domiciliados nas Canarias. Se estivesen domiciliados noutros territorios, deben dedicarse á produción ou transformación dos bens anteriormente sinalados nas Canarias mediante sucursal ou establecemento permanente.

  • Que determinen os seus rendementos en réxime de estimación directa.

  • Que os rendementos netos con dereito a bonificación sexan positivos.

FORMALIZACIÓN

No recadro  0527 do apartado "M. Cálculo do imposto e resultado da declaración "abrirase unha xanela de captura de datos faranse constar os rendementos netos (reducidos) derivados das actividades de produción sinalada.

Posteriormente o programa analizará a parte estatal e a autonómica da dedución.

Información sobre os cálculos

A título meramente informativo, na devandita xanela de captura de datos móstrase o resultado calculado polo programa da parte de cota íntegra que proporcionalmente corresponde aos rendementos derivados da venda de bens corporais producidos nas Canarias, tanto na declaración conxunta coma nas declaracións individuais do declarante e do cónxuxe.