8.7.8. Dedución por dotacións á reserva para investimentos nas Canarias
Os contribuíntes que teñan dereito a practicarse a dedución por dotacións á reserva para investimentos nas Canarias deben cubrir a información que se solicita no apartado "Reserva para Investimentos nas Canarias "(Anexo A2 de modelo de declaración).
Tamén deberá utilizarse o mesmo apartado para sinalar o importe das dotacións realizadas en anos anteriores que se materializaron no exercicio 2017.
Unha vez cumprimentado o devandito apartado o programa traslada o resultado da dedución aos recadros 0525 e 0526, analizando a parte estatal e a autonómica.