8.9.5.1. Formalización
Os datos necesarios deben reflectirse no recadro 551 do apartado M."Cálculo do Imposto e Resultado da declaración ".
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá facilitar a información necesaria para calcular o importe da dedución por maternidade:
-
Deberá indicar no apartado correspondente da xanela, o período en que realiza unha actividade por conta propia ou allea, marcando os meses do ano 2017 en que realiza a actividade. Se a actividade se realizase durante todo o ano deberá marcar "X" no recadro indicado ao inicio da xanela.
-
Deberá indicar tamén o importe das cotizacións á Seguridade Social (ou Mutualidade alternativa) en cada mes do exercicio 2017. Non obstante, se as cotizacións de cada mes son iguais ou superiores a 100 euros, non cumprirá consignaras, senón que deberá marcar cunha "X" o recadro establecido para ese fin.
-
Unha vez cumprimentados os apartados anteriores, nos supostos de acollemento ou tutela, se existen varios acolledores ou titores con dereito á dedución deberá indicar o número de persoas con dereito á dedución.
-
Se percibiu cantidades en concepto de pagamento anticipado da dedución, deberá consignar o importe total percibido no exercicio 2017.