8.9.6. Deducións familiares
Terán dereito ás deducións familiares por descendentes e ascendentes con discapacidade, por familia numerosa e por ter dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos, os contribuíntes que cumpran os requisitos específicos de cada unha das deducións, e pola súa parte pertenzan a un destes dous colectivos:
-
Contribuíntes que realizan unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutualidade alternativa. (Colectivo 1)
-
Contribuíntes que perciban prestacións contributivas ou asistenciais do sistema de protección do desemprego, pensións abonadas pola Seguridade Social, Clases Pasivas ou por Mutualidades de previsión social alternativas. (Colectivo 2)