Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

1. Introdución

Renda Web é o servizo de axuda para tramitar e presentar a declaración de Renda, que une as vantaxes dos dous principais servizos de axuda que existían anteriormente, simplicidade do borrador e amplitude do PAI. O contribuínte accede directamente ao servidor da AEAT e engade calquera dato ou renda, de xeito que pode tramitar facilmente o seu borrador/declaración para todo tipo de rendas.

Non cómpre descargar un programa previamente e permite iniciar a declaración nun dispositivo e finalizar noutro .

Todos os contribuíntes poden utilizar Renda WEB en Renda 2018, incluso os que obteñan rendas procedentes de actividades económicas.

Permite confeccionar a declaración de forma sinxela a todos os contribuíntes, porque permite a descarga de rendas procedentes de calquera natureza e incorporar as que non se encontren en poder da Administración.

Permite ademais, a través do resumo de declaración, comparar nas unidades familiares cal é a opción máis vantaxosa de declaración.

Dependendo de cal sexa a fonte de obtención das súas rendas vostede poderá obter un borrador de declaración ou datos fiscais, ben mediante o seu envío ao seu domicilio ou a través de Renda WEB.

Se obtén un borrador de declaración terá que revisaro.

Se obtén datos fiscais e está obrigado a presentar declaración deberá confeccionar a declaración. A xeración dun novo borrador, a modificación do previamente obtido, se cómpre,  así como a confección da declaración poderá realizarse mediante a aplicación de Renda WEB.

Ademais o último borrador xerado por calquera vía (Correo ou Renda WEB) e non confirmado, ponse a disposición do contribuínte no momento de volver facer uso do servizo Renda WEB, dando a opción de recuperar o anteriormente xerado ou comezar unha nova tramitación

Unha vez obtido o borrador de declaración, débense revisar os datos persoais (datas de nacemento, NIF, domicilio), os datos económicos e todos os avisos e erros de que dispón o borrador marcando a pestana “validar”.

Se falta algún dato debe modificar os cálculos previos  para engadiro. A modificación é moi sinxela. Pode facero por Internet a través do Servizo de tramitación do borrador / declaración (Renda WEB), ou se reúne o perfil de atención telefónica, chamando por teléfono á Oficina de atención ao contribuínte (de luns a venres de 9 a 21 horas), 901 200 345 (acce­sible tamén a través do teléfono 91 535 68 13), sempre que se trate das rendas susceptibles de asistencia telefónica. Tamén poderá chamar ao teléfono 901 200 347 sobre aspectos técnicos informáticos.

Tamén pode pedir cita para que lle atendan nas nosas oficinas a partir do   8 de maio ata o 29 de xuño. Poderá consultar os vídeos explicativos de como modificar o borrador, na icona "Vídeos" da páxina inicial da campaña de Renda 2018.

Se aínda non vai presentar o borrador, o servizo de Renda WEB permítelle gardar as modificacións que faga, e acceder posteriormente, e desde calquera equipo a unha “Nova declaración” sen as modificacións realizadas, ou a “Continuar” coa declaración en que realizou as modificacións.

Se está de acordo co borrador visualizado ou recibido, pode confirmaro efectuando así a presentación da súa declaración do Imposto sobre a Renda, marcando a opción “presentar declaración”.