Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

3.2.2. Opción pola tributación conxunta

As persoas físicas integradas nunha unidade familiar poderán optar, en calquera período impositivo, por tributar conxuntamente no IRPF, sempre que todos os seus membros sexan contribuíntes por este Imposto.

A opción pola tributación conxunta non vinculará para períodos sucesivos.

A opción pola tributación conxunta deberá abarcar á totalidade dos membros da unidade familiar. Se un deles presenta declaración individual, os restantes deberán utilizar o mesmo réxime.

A opción exercitada para un período impositivo non poderá ser modificada con posterioridade respecto do mesmo unha vez finalizado o prazo regulamentario de declaración.

En caso de falta de declaración, os contribuíntes tributarán individualmente, non sendo que manifesten expresamente a súa opción no prazo de dez días a partir do requirimento da Administración Tributaria.