3.3.11. Quen debe asinar a declaración
-
TRIBUTACIÓN INDIVIDUAL
A declaración será asinada polo contribuínte ou o seu representante.
Se se trata da declaración dun menor de idade, deberá asinara o seu pai, nai ou titor, indicando estes os seus datos identificativos nos espazos reservados para o representante.
En caso de contribuíntes falecidos, deberá asinar a declaración o representante legal, ou, se é o caso, herdeiro lexitimado.
-
TRIBUTACIÓN CONXUNTA
-
Cando se trate da 1ª modalidade de unidade familiar (integrada por ambos os dous cónxuxes), a declaración deberá ser asinada por ambos os dous cónxuxes (agás discapacidade dalgún deles ou que algún conferise a súa representación ao outro), actuando en nome propio e en representación, se é o caso, dos fillos membros da unidade familiar.
-
Cando se trate da 2ª modalidade de unidade familiar (en caso de separación legal ou inexistencia de matrimonio), a declaración deberá ser asinada polo pai ou a nai, actuando en nome propio e en representación dos fillos membros da unidade familiar.
-
En caso de contribuíntes falecidos, deberá asinar a declaración o representante legal, ou, se é o caso, herdeiro lexitimado.