Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

4.1. Tipo de captura de datos

Abrirase unha pantalla inicial en que deberá marcar necesariamente unha "X" en calquera dos seguintes supostos :

Contribuíntes falecidos no ano 2018 nun día distinto ao 31 de decembro.
Contribuíntes cuxo cónxuxe é non residente e non contribuínte do IRPF.

Tamén opcionalmente poderá marcar unha "X" se desexa introducir unicamente os seus propios datos económicos sen incluír os do resto da unidade familiar.

Neste caso, o programa non realizará cálculos sobre cal das modalidades de tributación (individual ou conxunta) é máis favorable, nin admitirá a posibilidade de solicitar a suspensión do ingreso da débeda tributaria, nunha contía igual ou inferior á devolución á que teña dereito o seu cónxuxe por este imposto. Se non opta por esta opción pulse exclusivamente "Continuar".

Atención: Unha vez confirmada esta pantalla, non poderá ser modificada con posterioridade e deberá iniciar unha nova declaración se necesita cambiar algún dato.