7.2.3.Rendas estimadas e operacións vinculadas
RENDAS ESTIMADAS (art.º 40 Lei)
Presumiranse retribuídas, salvo proba en contrario, as prestacións de servizos susceptibles de xerar rendementos do traballo (art. 6.5 Lei).
A valoración das rendas estimadas efectuarase polo valor normal de mercado.Entenderase por valor normal de mercado a contraprestación que acordarían suxeitos independentes, salvo proba en contrario.
OPERACIÓNS VINCULADAS (art.º 41 Lei)
Con carácter xeral, no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas aplícanse as regras de valoración das operacións vinculadas nos termos previstos no artigo 16 da Lei do Imposto sobre Sociedades.