7.2.9. Datos adicionais
TRABALLADORES ACTIVOS CON DISCAPACIDADE
Se o " Primeiro declarante", "Cónxuxe", "Hijo1" "Hijo2" “Hijo3” ou “Hijo4” son traballadores activos con discapacidade deben sinalar a súa situación seleccionando a clave que corresponda entre as que se indican a continuación:
-
Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %
Sinalarán esta clave os traballadores activos con discapacidade que poidan acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100 e non se encontren na situación 2 seguinte.
-
Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %que necesiten axuda de terceiras persoas ou Discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %
Sinalarán esta clave os traballadores activos con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100, que poidan acreditar a necesidade de axuda de terceiras persoas para desprazarse ao seu lugar de traballo ou para desempeñar o mesmo, ou mobilidade reducida para utilizar medios de transporte colectivo.
Sinalarán tamén esta clave os traballadores activos con discapacidade que poidan acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou cuxa incapacidade se haxa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao (D.A. duodécima Lei 55/99).
Para poder calcular correctamente o importe do gasto deducible, tén quese consignar o importe dos ingresos netos de traballo que correspondan ao tempo en que estea acreditado a condición de persoa con discapacidade.
Atención
Só se seleccionará algunhas destas claves cando concorran simultaneamente, durante calquera día do período impositivo, as seguintes circunstancias:
-
Ser traballador activo
-
Encontrarse na situación de discapacidade esixida
MOBILIDADE XEOGRÁFICA
Os contribuíntes desempregados inscritos na oficina de emprego que acepten un posto de traballo que esixa o traslado da súa residencia habitual a un novo municipio, incrementarán ata en 2000 euros o gasto deducible con carácter xeral. Neste caso, deberá marcar cunha "X" o recadro que corresponda " Primeiro declarante", "Cónxuxe", "Hijo1", "Hijo2" “Hijo3” ou “Fillo 4”.
Para poder calcular correctamente o importe do gasto deducible, tén quese consignar o importe dos ingresos netos de traballo que correspondan ao tempo desde que se cumpren as anteriores circunstancias.
Deberemos diferenciar se a aceptación do posto de traballo é no exercicio 2018 ou ben no 2017 e no exercicio 2018 segue desempeñando o mesmo emprego. No primeiro caso deberá indicar o importe do rendemento neto que corresponda ao posto de traballo aceptado, e tamén, se é o caso se é traballador con discapacidade.