7.3.3.1. Intereses de contas e depósitos e de activos financeiros en xeral
Ingresos íntegros
Incluirase neste apartado a contraprestación, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, derivada de contas e depósitos en toda clase de institucións financeiras, incluíndo as baseadas en operacións sobre activos financeiros.
Tamén se farán constar neste apartado os intereses explícitos obtidos de calquera clase de activos representativos da captación e utilización de capitais alleas.
Se o rendemento se percibiu en especie, deberá computarse como ingreso íntegro o valor de mercado dos bens ou servizos recibidos. Ao devandito valor se adicionará o ingreso a conta, non sendo que o seu importe fose repercutido ao perceptor da renda.
Retencións
Así mesmo, indicarase neste apartado as retencións practicadas ou ingresos a conta efectuados sobre os rendementos reportados, cantidades que o programa traslada ao recadro 0597 da páxina 17 da declaración.
Gastos deducibles (art. 26.1 Lei)
-
Intereses de contas e depósitos:
En ningún caso poderán computarse gastos deducibles respecto destes rendementos.
-
Intereses de activos financeiros:
Como gastos deducibles consignaranse exclusivamente os gastos de administración e depósito de valores negociables.