7.4.1. Imputación de rendas inmobiliarias. Supostos en que procede a imputación
Os propietarios de bens inmobles ou os titulares de dereitos reais de uso ou gozo que recaian sobre os mesmos, deberán imputarse rendas inmobiliarias cando concorran as seguintes circunstancias:
-
Que teñan a consideración de bens inmobles de natureza urbana de acordo co artigo 7 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario ou que se trate de inmobles rústicos con construcións que non resulten indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.
-
Que non estean afectos a actividades económicas
-
Que os inmobles non xeren rendementos do capital; é dicir que non estean arrendados nin se producise calquera outra cesión de uso mediante prezo.
Porén, non procede a imputación polos seguintes inmobles:
-
A vivenda habitual.
-
O solo non edificado.
-
Inmobles en construción.
-
Inmobles que por razóns urbanísticas non sexan susceptibles de uso.