Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

7.5.3.11. Redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros

Os contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros, incluídas as da propia actividade económica, poderán reducir o rendemento neto das actividades económicas nas seguintes contías:

  • Contribuíntes con rendas non exentas iguais ou inferiores a 8.000 euros anuais: 1.620 euros anuais.

  • Contribuíntes con rendas non exentas comprendidas entre 8.000,01 e 12.000 euros anuais: 1.620 euros – [0,405 x (Base Impoñible – 8.000 euros)]

Con esta finalidade, enténdese por renda a suma alxébrica dos rendementos netos (do traballo, capital mobiliaria e inmobiliario, e de actividades económicas), de imputacións de rendas e das ganancias e perdas patrimoniais computadas no ano, sen aplicar as regras de inte­gración e compensación. Agora ben, os rendementos deben computarse polo seu importe neto, isto é, unha vez deducidos os gastos pero sen aplicación das reducións correspondentes, agás no caso de rendementos do traballo, en que se poderán ter en conta a redución prevista no artigo 18 da LIRPF ao aplicarse con carácter previo á dedución de gastos.

LIMITE

Estareducción ten como límite a contía dos rendementos das actividades econó­micas dos contribuíntes que xeren o dereito á súa aplicación.

PRECISIÓNS

Esta redución é única para o conxunto das actividades económicas exercidas, con in­dependencia do método polo que se determine o rendemento neto, polo que, se se realizan varias, haberá que distribuír o seu importe de forma proporcional entre todas elas.

Esta redución non é aplicable para determinar o rendemento neto das actividades eco­nómicas de entidades en réxime de atribución de rendas.

A redacción é compatible co gasto estimado en concepto de provisións deducibles e gastos de difícil xustificación regulado no artigo 30 do Regulamento do IRPF.

En tributación conxunta, esta redución é única para a declaración no seu conxunto e se cal­culará tendo en conta as rendas da unidade familiar, sen que o seu importe poida ser supe­rior ao rendemento neto das actividades económicas dos membros da unidade familiar que cumpran individualmente os citados requisitos.Non obstante, neste caso o importe da redución non poderá ser superior ao rendemento neto das actividades do cónxuxe que optase pola aplicación da redución.

Como consecuencia da aplicación desta redución, o saldo resultante non poderá ser negativo.