Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.1.4. Por cantidades investidas no alugamento de vivenda habitual

Os contribuíntes menores de 35 anos na data de devindicación do imposto terán dereito a aplicar unha dedución do 15 por 100 polas cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da súa vivenda habitual, cun máximo de 500 euros anuais.

Deberán de cumprirse ademais os seguintes requisitos:

  • A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non ten que superar 19.000 euros en tributación individual ou 24.000 euros en tributación conxunta.

  • Deberá acreditarse a constitución do depósito da fianza á que se refire o artigo 36 da Lei de Arrendamentos Urbanos (Lei 29/1994), a favor da Comunidade Autónoma de Andalucía.

  • O contribuínte debe identificar o arrendador ou arrendadora da vivenda facendo constar o seu Número de Identificación Fiscal (NIF) na correspondente autoliquidación.

  • O contribuínte non debe aplicar no mesmo período impositivo ningunha dedución por investimento en vivenda habitual, con excepción da correspondente ás cantidades depositadas en contas vivenda.

Importante: En caso de tributación conxunta, o requisito da idade deberá cumpriro, polo menos, un do cónxuxes, ou se é o caso, o pai ou a nai no suposto de familias monoparentais.  

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá facilitar a seguinte información:

  • Importe: Indicarase a cantidade satisfeita no exercicio 2018 polo titular. En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes satisfixeron as cantidades por partes iguais deberá indicar o 50 por 100 da totalidade das cantidades satisfeitas (no suposto de matrimonios en réxime económico de gananciais as cantidades entenderanse satisfeitas por ambos os dous cónxuxes por partes iguais).

  • NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.

O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B6 da declaración.