Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.10.10. Por arrendamento de vivenda habitual para contribuíntes menores de 36 anos

O contribuínte poderase aplicar unha dedución do 5 por cento polas cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual, co límite de 300 euros anuais. A porcentaxe de dedución será do 10 por cento co límite de 400 euros, en caso de alugamento de vivenda habitual no medio rural (aquela vivenda que se encontre en municipios e núcleos de poboación inferior a 3.000 habitantes)

Requisitos:

  1. Que concorran no contribuínte algunha das seguintes circunstancias:

    1. Que teña na data de devindicación do imposto menos de 36 anos cumpridos. En caso de tributación conxunta, este requisito deberá cumpriro, polo menos, un do cónxuxes, ou se é o caso, o pai ou a nai.

    2. Que forme parte dunha familia que teña a consideración legal de numerosa.

    3. Que padeza unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, cun grao de discapacidade legal igual ou superior ao 65 por cento.

  2. Que se trate do arrendamento da vivenda habitual do contribuínte, ocupada efectivamente polo mesmo e localizada dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Extremadura.

  3. Que se satisfixese polo arrendamento e, se é o caso, por seus prorrogas, o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

  4. Que se constituíse o depósito obrigatorio en concepto de fianza, ao que se refire a Lei de arrendamentos urbanos, a favor da Comunidade Autónoma de Extremadura.

  5. Que o contribuínte non teña dereito durante o mesmo período impositivo a dedución algunha por investimento en vivenda habitual.

  6. Que nin o contribuínte nin ningún dos membros da súa unidade familiar sexan titulares do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou gozo doutra vivenda situada a menos de 75 quilómetros da vivenda arrendada.

  7. Que a suma das bases impoñibles, xeral e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución con respecto á mesma vivenda, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

Formalización:

Deberá indicarnos na xanela que se abre, os seguintes datos nos recadros correspondentes, o importe satisfeito polo arrendamento, se a vivenda arrendada está dentro dun municipio ou núcleo de poboación de menos de 3.000 habitantes, en NIF do arrendador, ou, se este fóra residente no estranxeiro e carecese de NIF, o número identificativo legal do país de procedencia.

Tamén deberá indicar o número de contribuíntes que teñen dereito á aplicación da dedución pola mesma vivenda, e por último, se forma o contribuínte parte dunha familia numerosa.

O programa trasladará os datos incluídos  ao anexo B6 da declaración.