Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.10.8. Por gastos de gardaría para fillos menores de 4 anos

Os contribuíntes con fillos menores de catro anos á data de devindicación do imposto poderán aplicar unha dedución do 10% das cantidades satisfeitas no período impositivo por gastos de gardaría en centros de educación infantil autorizados pola Conserxaría competente en materia de educación, cun máximo de 220 euros anuais para o total de fillos.

Requisitos:

  • Que as bases impoñibles xerais e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

  • Terase dereito a aplicar a dedución por cada fillo polo que se teña dereito ao mínimo por descendentes.

  • Só terán dereito a practicar a dedución os pais que convivan cos seus fillos á data de devindicación do imposto. Cando un fillo conviva con ambos os dous pais o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles no caso de que optasen por tributación individual, con independencia de que o gasto fose ou non satisfeito por ambos os dous.

Formalización : Deberá reflectir as cantidades satisfeitas por gastos de gardarías de forma separada dependendo se os fillos conviven con ambos os dous pais, ou cun só deles .