Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.10.9. Para contribuíntes viúvos

Os contribuíntes viúvos terán dereito a aplicar unha dedución de 100 euros, sempre que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual e a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

O importe da dedución elévase a 200 euros se o contribuínte viúvo ten ao seu cargo un ou máis descendentes con dereito á aplicación do mínimo por descendentes, e sempre que estes non perciban ningún tipo de rendas.

Non terán dereito á aplicación desta dedución os contribuíntes que fosen condenados, en virtude de sentenza firme por delitos de violencia de xénero contra o cónxuxe falecido.

Importante: Esta dedución será incompatible para o contribuínte en estado de viuvez coa aplicación da dedución por traballo dependente. Se tivese dereito a ambas as dúas deducións, o contribuínte poderá optar pola de maior contía.

Esta incompatibilidade refírese a unha mesma persoa, podendo simultanearse, en tributación conxunta, esta dedución de viuvez do declarante, coa dedución por rendementos de traballo dalgún dos fillos pertencentes á unidade familiar.

Formalización : deberá marcar cunha “X” se ten dereito á dedución, e no caso de que teña ao seu cargo descendentes polos que se aplicou o correspondente mínimo por descendentes e que non percibisen rendas, deberá marcar cunha “X” o seguinte recadro.