Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.11.13 Por rehabilitación de inmobles en centros históricos

O contribuínte poderá deducir o 15 por cento das cantidades investidas na rehabilitación de inmobles que sexan propiedade do contribuínte situados en  centros históricos situados na Comunidade Autónoma de Galicia determinada na Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG do 13 de marzo). A dedución poderase aplicar no exercicio en que se paguen as obras.

O límite máximo da dedución é de 9.000 euros. Tanto en declaración individual como conxunta.

Requisitos:

1 - Que as obras dispoñan dos permisos e autorizacións administrativas correspondentes.

2 - Que teñan por obxecto principal a reconstrución do inmoble mediante a consolidación e tratamento de estruturas, fachadas ou cubertas, sempre que o custo exceda do 25 por cento do prezo de adquisición, se se adquiriu durante os dous anos inmediatamente anteriores ao comezo das obras, ou, noutro caso, do valor de mercado no momento do devandito inicio.

Para o seu cálculo descontarase do valor indicado anteriormente a parte proporcional que corresponda ao chan.

3 - A pertenza dun inmoble a un dos centros históricos acreditarase mediante certificado emitido polo Concello correspondente.

FORMALIZACIÓN

Deberá incluír directamente, no recadro habilitado para ese fin, o importe ttotal do investimento, con dereito á dedución.