Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.11.5. Por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

Os contribuíntes que durante o exercicio accedan a Internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade poderán deducir o 30% das cantidades satisfeitas, no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cun límite máximo de 100 euros tanto en tributación individual como na conxunta .

Requisitos:

  • Só poderá aplicarse no exercicio en que se celebre o contrato de conexión ás liñas de alta velocidade.

  • A liña de alta velocidade contratada estará destinada a uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.

  • No caso de matrimonios en réxime de gananciais para calcular o importe da dedución aplicable a cada cónxuxe en tributación individual ratearase tanto o importe satisfeito como o límite máximo da dedución. Non obstante, se cada un do cónxuxes é titular dunha liña, cada un deles poderá aplicar a totalidade da dedución.

  • Non resultará de aplicación se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior realizouse noutro exercicio. Tampouco resultará de aplicación cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, simultaneamente, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.

  • O límite máximo da dedución aplícase con respecto a todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, xa correspondan a un só contrato de conexión ou a varios que se manteñan simultaneamente.

Formalización

Deberá consignar na xanela de captura de datos o importe satisfeito durante o exercicio en concepto de cota de alta e cotas mensuais, e o número de persoas con dereito aplicar a dedución.