10.12.1. Por nacemento ou adopción de fillos
Os contribuíntes poderán deducir 600 euros por cada fillo nado ou adoptado.
A dedución aplícase, a partir do exercicio 2018, tanto no período impositivo en que se produza o nacemento ou a adopción, como nos dous perióndos impositivos seguintes.
No caso de partos ou adopcións múltiples, a contía correspondente ao primeiro período impositivo en que se aplica a dedución incrementarase en 600 euros por cada fillo.
Para determinar o número de orde do fillo nado ou adoptado atenderase os fillos que convivan co contribuínte á data de devindicación do imposto, computandose tanto os fillos naturais como os adoptivos.
Requisitos:
-
Só terán dereito á dedución os pais que convivan cos fillos nados ou adoptados. Cando os fillos nados ou adoptados convivan con ambos os dous pais o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles , se optasen por tributación individual.
-
A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar 30.000 euros en tributación individual e 36.200 euros no caso de tributación conxunta. Este límite, así como o importe da dedución son aplicados e controlados polo programa.
- A suma das bases impoñibles xerais e do aforro de todos os membros da unidade familiar de que o contribuínte poida formar parte non poderá ser superior a 60.000 euros.
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos indicaranse:
-
Na fila que corresponda segundo o número de orde, sinalaranse nos recadros «Común», ou «Do Titular »os fillos nados ou adoptados no exercicio. Cando en caso de matrimonio os fillos comúns ao cónxuxes convivan con ambos os dous e representen para ambos os dous o mesmo número de orde, o dato reflectirase no recadro "Común". Noutro caso, o dato reflectirase no recadro «Do Titular », indicando, ademais, se os fillos conviven con ambos os dous pais ou adoptantes
-
Datos adicionais: No caso de partos ou adopcións múltiples, sinalaranse de acordo cos criterios anteriores, o número de fillos nados en partos múltiples ou adoptados en adopcións múltiples.