Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.13.8. Por gastos de material escolar

Os contribuíntes poderán aplicar unha dedución de 120 euros, por cada descendente,  pola adquisición de material escolar e libros de texto derivado da escolarización dos seus descendentes no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria. 

Terán dereito á dedución, os contribuíntes que cumpran os seguintes requisitos: 

  • No suposto de contribuíntes que non formen parte dunha unidade familiar que teña a condición legal de familia numerosa:

    1. En declaración individual, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 20.000 euros.

    2. En declaración conxunta, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 40.000 euros.

  • No suposto de contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que teña a condición legal de familia numerosa:

    1. En declaración individual, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 33.000 euros.

    2. En declaración conxunta, aqueles en que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 53.000 euros.

    A dedución corresponderá ao ascendente que satisfixese as cantidades destinadas á adquisición dos libros de texto e do material escolar. Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución, o importe desta ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .

    Para a aplicación da presente dedución, só teran en contase a aqueles descendentes que dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes.

  • No caso de matrimonio, e en declaracións individuais, se un dos contribuíntes con dereito á dedución non presenta declaración, por non estar obrigado, o outro, se cumprise os requisitos, poderá aplicar a dedución na súa totalidade.
  • O importe da dedución deberá minorarse, por cada descendente, na cantidade correspondente ás bolsas e axudas obtidas no período impositivo procedente de calquera Administración Pública, que cubra a totalidade ou parte dos gastos por adquisición de material escolar ou libros de texto.

Formalización : Deberá indicar nos recadros habilitados para ese fin os seguintes datos diferenciados:

  1. Deberá indicar o número de fillos comúns co cónxuxe que orixinan o dereito a dedución paraos dous, sempre que presenten ambos os dous declaración.

    A continuación deberá indicar a cantidade en euros que corresponde á adquisición de libros de texto, procedentes de bolsas ou axudas correspondentes a ambos os dous cónxuxes.
  2. deberá reflectir, en primeiro lugar, o número de fillos  que orixinan o dereito á dedución, diferenciando os que dan dereito a deducir unicamente ao titular, de que dan dereito a deducir a ambos os dous cónxuxes, reflectindo, nos dous casos, as cantidades totais de bolsas ou axudas públicas  que correspondan á adquisición de libros de texto e material escolar.

  3. Deberá indicar, se é o caso, marcando cunha X, se forma parte dunha familia numerosa.