Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.14.10. Por fillos de 0 a 3 anos ecolarizados en calquera municipio

Por cada fillo de 0 a 3 anos escolarizados en escolas ou centros infantís de calquera municipio de La Rioja poderán deducir o 100 por 100 dos gastos de escolarización de cada fillo de 0 a 3 anos cun importe máximo de ata 600 euros anuais, en función da súa base liquidable xeral (Recadro  0505 da páxina 15), sometidos aos tipos da escala autonómica de cada declaración xa sexa esta conxunta ou individual, cos seguintes límites:

Base liquidable xeral sometida a gravame

                      12.450 euros ou menos                                                                    600 euros                                          
            Entre  12.450,01 e 20.200 euros                    550 euros
            Entre  20.200.01 e 35.200 euros                    500 euros
            Entre  35.200.01 e 50.000 euros                    400 euros
            Entre  50.000.01 e 60.000 euros                    250 euros
            Entre  60.000.01 e 120.000 euros                    100 euros
                      Máis de 120.000 euros                       0 euros

No caso de proxenitores con dereito a deducir polos mesmos descendentes, se presentasen declaracións individuais, o importe máximo deducible por contribuínte, será o 50 por cento dos indicados no cadro anterior, calculado en función da base liquidable xeral de cada un deles .

IMPORTANTE: Se a base liquidable do aforro (recadro  0510 da declaración) supera a cantidade de 1.800 euros, o límite que hai que aplicar por esta dedución será o do tramo inmediatamente inferior en contía, cun mínimo de 100 euros.

Requisitos

- Que o contribuínte teña a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma de La Rioja.

- Que o contribuínte, a data de devindicación do imposto, conviva co menor e teña dereito ao mínimo por descendentes. Se o fillo cumpre tres anos durante o exercicio, poderase aplicar a dedución polos gastos de escolarización satisfeitos ata o mes anterior ao cumprimento desa idade. Tamén se poderá aplicar a dedución polos gastos satisfeitos de escolarización polos fillos falecidos no exercicio. Tamén se poderá aplicar a dedución polos fillos de que se teña a garda e custodia compartida, aínda que na data de devindicación do imposto convivan co outro proxenitor.

- Que os fillos estean matriculados, durante un período mínimo de 6 meses nunha escola infantil ou centro de La Rioja. No caso de falecemento dalgún fillo non se aplicará este período mínimo.

Formalización

Deberá cubrir, por cada fillo con dereito a dedución, o importe das cantidades totais satisfeitas polo ttitular da declaración.

Tamén deberá indicar, por esta orde, se  ambos os dous pais teñen dereito ao mínimo por descendentes, e o NIF da escola ou centro infantil.

Os límites máximos de dedución, segundo a base liquidable xeral, son controlados polo programa.