10.14.11. Por adquisición de vehículos eéectricos novos
O contribuínte poderá deducir o 5 por cento das cantidades satisfeitas no período impositivopor a adquisición de vehículos eléctricos novos.
Só poderá ter dereito á dedución o adquirente que figure no documento xustificativo da compra.
REQUISITOS:
- Ten que tratarse de vehículos non afectos a actividades económicas do adquirente.
- O importe de adquisición do vehículo non pode superar os 50.000 euros.
- Os vehículos teñen que pertencer a algunha das seguintes categorias.
A- Turismos M1, vehículos concibidos e fabricados para o transporte de persoas, que teñan, ademais do asento do condutor, ata un máimo de 8 prazas.
B- Furgonetas e camións lixeiros N1, vehiculos para o transporte de mercadorías cuxa masa máxima non sexa superior a 3,5 toneladas.
C- Ciclomotores L1e, vehículos de dúas rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
D- Triciclos L2e, vehículos de tres rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
E- Cuadriciclos lixeiros L6e, que teñan unha masa en vacio igual ou inferior a 350 kg. sen incluír a masa da batería, cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
F- Cuadriciclos pesados L7e, que teñan unha masa en vacio igual ou inferior a 400 kg. (550 se está destinado ao transporte de mercadorías) sen incluír a masa da batería, cunha potencia continua nominaligual ou inferior a 15 kw.
G- Motocicletas L3e, vehiculos de dúas rodas sen sidecar cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos, e / ou, cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.
H- Categoría L5e, Vehículos de tres rodas símétricas cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos e / ou, cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.
I - Bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.
- cando o vehículo adquirido pertenza ás categorias M e N, relaccionadas anteriormente ten que tratarse dalgún dos seguintes vehículos.
1 - Vehículos eléctricos propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles fósiles alternativos homologados como GLP / autogas, GNC Gas natural comprimido, GNL/ Gas natural licuado ou bifuel gasolina-gas.
2 - Eléctricos puros BEV
3 - Eléctricos de autonomía estendida REEV, propulsados totalmente mediante motores electricos.
- cando o vehículo adquirido pertenza ás categorías L e bicicletas eléctricas, deberán estar propulsados exclusivamente por motores eléctricos e estar homologados como vehículos eléctricos. e ademais as categorias L3e e L5e, deberán ter baterías de litio cunha potencia igual osuperior a 3 kw/h e unha autonomía mínima de 70 quilómetros.
As biciclestas de pedaleo asistido deberán ter baterías de litio normalizado.
Base máxima da dedución, as seguintes bases máimas se alican por declaración e de forma independente para cada categoría de vehículos.
- Categorías M1 e N1: 50.000 euros.
- Categorías L1e e L2e: 5.000 euros.
- Caegorías L3e e L5e: 10.000 euros.
- Categorías L63 e L7e: 15.000 euros.
-Bicilcetas de pedaleo asistido: 1.500 euros.
Formalización
Deberá incluír, dentro de cada categoria, o importe satisfeito na adquisición do vehículo.