Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.14.15. Por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos

Os contribuíntes poderán deducirse o 15 por cento das cantidades satisfeitas no exercicio pola adquisición, construción, ampliación ou rehabilitación da vivenda habitual cos seguintes requisitos:

- O contribuínte deberá ser menor de 36 anos a data de devindicación do imposto (normalmente a 31 de decembro.

- A vivenda constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual do contribuínte.

- A vivenda debe ser adquirida con posteriorida a 1 de xaneiro de 2013, ou a rehabilitación iniciada con posterioridade a esa data.

A base máxima anual  desta dedución será de 9.040 euros.

Esta dedución é incompatible coas deducións autonómicas "Polas cantidades investidas en obras de rehabilitación da vivenda habitual" e "Por cantidades investidas en adquisición ou construción de vivenda habitual para mozos", para aqueles mozos que huvieran adquirido ou rehabilitado a súa vivenda antes do día 1 de xaneiro de 2013.

Cando se dea a anterior circunstancia, o contribuínte seguirá aplicando esas deducións e non poderá aplicarse a presente dedución por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos.

Formalización

Deberá incluír directamente, no recadro habilitado para ese fin, as cantidades satisfeitas con dereito a dedución. O programa aplicará sobre esa cantidade, o 15 por cento de dedución.