Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.15.21. Por contribuíntes con dous ou máis descendentes

Os contribuíntes con dous ou máis descendentes poderán deducir o 10 por 100 do importe da cota íntegra autonómica, en tributación individual ou conxunta, unha vez deducidas da mesma as minoracións para determinar a cota líquida autonómica, excluída a presente dedución, ás que se refire a normativa estatal reguladora do imposto.

REQUISITOS :

  1. Que os descendentes xeren a favor do contribuínte o dereito á aplicación do correspondente mínimo por descendentes establecidos pola normativa estatal reguladora do imposto.

  2. Que a suma das seguintes bases impoñibles non sexa superior a 24.000 euros:

    • As dos contribuíntes que teñan dereito, polos mesmos descendentes, á aplicación do mínimo por descendentes.

    • As dos propios descendentes que dan dereito ao citado mínimo.

    • As de todos os membros da unidade familiar que tributen conxuntamente co contribuínte e que non se encontren incluídos nos dous apartados anteriores.

FORMALIZACIÓN: Se cumpre os requisitos para aplicar a dedución deberá marcar cunha "X" o recadro da xanela da captura de datos.