Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.15.26 Por doazóns ou cesións de uso ou comodato para outros fins

Os contribuíntes poderán deducirse o 25 por cento das contías en que se valoren as doazóns ou os préstamos de uso ou comodato efectuado a proxectos ou actividades culturais, científicas ou deportivas non profesionais declarados ou considerados de interese social. (esta dedución non é aplicable aos contribuíntes falecidos con anterioridade ao 28 de xullo de 2018)

Requisitos:

- Que as doazóns ou os préstamos de uso ou comodato sexan efectuadas a favor das persoas ou entidades baneficiarias do artigo 3 da Lei 20/2018 da Generalitat. isto é: 

1 - Entidades sen ánimo de lucro, asociacións declaradas de utilidade pública, federacións e asociacións deportivas, etc.

2- A Generalitat, os seus organismos públicos e o sector público instrumental da Generalitat.

3 - As entidades locais da Comunitat Valenciana, os seus organismos públicos e consorcios que dependan das mesmas.

4 - As universidades públicas e privadas da Comunitat Valenciana, as súas fundacións e os colexios maiores adscritos a estas.

5 - os institutos e centros de investigación.

6 - Os centros superiores de ensinanzas artísticas

7-  As empresas culturais que tangan o seu domicilio fiscal na Comunitat Valenciana.

8 - as persoas físicas residentes e con domicilio fiscal na Comunitat que de forma habitual exerzan actividades culturais, científicas e deportivas de carácter non profesional

9 - os museos e coleccións museográficas recoñecidas pola Generalitat Valenciana, así como os arquivos na Comunitat Valenciana.

BASE DA DEDUCCIÖN

- Nas doazóns monetarias, o seu importe.

- Na constitución dun dereito real de usufruto de bens inmobles, o 4 por cento do valor catastral cada exercicio.

- Na constitución dun dereito real de usufruto  sobre valores, o importe anual dos dividendos ou intereses.

- Na constitución dun dereito real de usufruto  sobre bens ou dereitos, o importe anual resultante de aplicar o xuro legal do diñeiro ao valor do usufruto determinado no momento da súa constitución.

- Na doazón de bens de interese cultural, a valoración efectuada pola Xunta de Valoración de bens do Patrimonio Cultural Valenciano.

- No caso de préstamos de uso ou comodato, o 4 por cento da valoración do ben.

Na entrega de importes monetarios, deberán ser, necesariamente mediante tarxeta de crédito ou  débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito.

Formalización

Deberá introducir, no recadro habilitado para ese fin, as cantidades que formen parte da base da dedución. O programa calculará a cantidade de dedución.