Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.3.9. Para familias numerosas

Os contribuíntes que formen parte dunha unidade familiar que, a data de devindicación do imposto, ostente o título de familia numerosa expedido pola autoridade competente en materia de servizos sociais, terán dereito a unha dedución de:

  • 505 euros para familias numerosas de categoría xeral.

  • 1.010 euros para familias numerosas de categoría especial.

REQUISITOS:

  1. As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse de acordo co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas.

  2. A dedución unicamente resultará aplicable nos supostos de convivencia do contribuínte co resto da unidade familiar.

  3. Só terá dereito a esta dedución o contribuínte cuxa base impoñible non resulte superior a 25.009 euros en tributación individual nin a 35.240 euros en tributación conxunta.

Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .

As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de devindicación do imposto.

FORMALIZACIÓN

Indicarase a través dunha xanela de captura de datos a seguinte información:

  • A dedución corresponderá a quen posúa o título de familia numerosa (normalmente os pais). En caso de matrimonio, cando a dedución corresponda a ambos os dous cónxuxes, marcarase cunha "X" na columna "Común" a categoría de familia numerosa en que se ache clasificado.

  • En caso contrario, marcarase na columna "Do Titular "debendo indicar, ademais, o número de persoas que teñen dereito á dedución:"1" cando só poida aplicara o titular seleccionado; "2" cando poidan aplicara dúas persoas, etc.