Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.5.12. Por obras de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade

Polas cantidades satisfeitas no período impositivo, polas obras ou instalacións de adecuación da vivenda habitual por razón de discapacidade poderase aplicar a porcentaxe de dedución do 10 por cento.

Importante: Para a aplicación desta dedución deberán concorrer os mesmos requisitos esixidos na normativa estatal para a aplicación da dedución por obras e instalacións da vivenda habitual de persoas con discapacidade, segundo redacción vixente a 1 de xaneiro de 2012.

Compatibilidade: Sobre un mesmo ben non pode aplicarse máis dunha dedución autonómica, debendo elixir o contribuínte a que desexa aplicar.

Limite conxunto da dedución

A suma do importe desta dedución canda o das deducións autonómicas “Por cantidades destinadas polos seus titulares á restauración, rehabilitación ou reparación de bens inmobles declarados de Interese Cultural”, “Por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual" e “Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade" non poderá exceder o 15 por 100 da cota íntegra autonómica.

Formalización

Deberá consignar as cantidades satisfeitas con dereito a dedución.