Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.5.22. Por familiares dependentes con discapacidade

Os contribuíntes poderán deducir 500 euros por cada ascendente e / ou descendente, cun grao de discapacidade superior ao 65 por 100, que xere o dereito á aplicación do mínimo por discapacidade. 

Requisitos

 Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración correspondente ao exercicio en que se orixina o dereito á dedución, non sexa superior a:

 - 39.000 euros en tributación individual.

- 52.000 euros en tributación conxunta.

 Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución, aplicaranse as regras do rateo, convivencia e demais límites previstos na normativa estatal do IRPF.

Formalización

Deberá indicar o número de ascendentes e / ou descendentes con dereito a dedución, analizando, en caso de matrimonio, os que son comúns. Tamén deberá indicar o número de contribuíntes con dereito a dedución.