Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.5.24 Por arrendamentos a prezos con sostibilidade social, arrendador

Os contribuíntes que obteñan rendementos do capital inmobiliario polo arrendamento de vivendas, cando o seu destino sexa o de vivenda habitual do arrendatario, poderá deducir o 10 por cento dos devanditos rendementos desde que correspondan a arrendamentos retribuídos a prezos con sostibilidade social.

Importante: Esta dedución non é aplicable a contribuíntes falecidos antes do 5 de decembro de 2018

Requisitos

- A renda anual non poderá superar o 30 por cento da base impoñible do arrendatario para os efectos do IRPF.

- A renda anual derivada do rendemento do capital inmobiliario polo arrendatario non poderá superar o 10 por cento do valor catastral do inmoble.

- Que o arrendatario non obtivese rendas superiores a 24.000 euros.

- Que o arrendatario ou subarrendatario do ben inmoble ou do dereito real que recaia sobre o mesmo, non sexa o cónxuxe ou un parente do contribuínte, incluídos os afíns, ata o terceiro grao inclusive.

- Que o arrendador estea ao corrente das súas obrigas fiscais e indique nas súas declaracións de IRPF ao arrendatario e o número de referencia catastral do ben arrendado.

Formalización

Deberá cubrir no Anexo B8 o NIF do arrendador ou arrendadores, a referencia catastral do inmoble, e as catidades satisfeitas polo arrendamento. O programa trasladará estes datos do citado anexo ao recadro da dedución.