Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.5.7. Por nacemento ou adopción de fillos

Por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte, poderán deducirse as seguintes cantidades:

  • 200 euros, cando se trate do primeiro ou segundo fillo.

  • 400 euros, cando se trate do terceiro.

  • 600 euros, cando se trate do cuarto.

  • 700 euros, cando se trate do quinto ou sucesivos.

Fillos con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 por 100:

No caso de que o fillo nado ou adoptado teña unha discapacidadfísica, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 65 por 100, e convivise co contribuínte ininterrompidamente desde o seu nacemento ou adopción ata o final do período impositivo, adicionalmente poderá aplicarse a seguinte dedución:

  • 400 euros, cando se trate do primeiro ou segundo fillo que padeza a devandita discapacidade.

  • 800 euros, cando se trate do terceiro ou posterior fillo que padeza a devandita discapacidade,   sempre que sobrevivan os anteriores fillos con discapacidade.

Cando ambos os dous proxenitores ou adoptantes teñan dereito á dedución e non opten pola tributación conxunta, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.

Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por un importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral  sumada á base impoñible do aforro  e no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por un importe superior a 52.000 euros.

A determinación do número de orde do fillo nado ou adoptado realizarase atendendo aos fillos que convivan co contribuínte á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro de 2018), computandose tanto os fillos naturais como os adoptivos.

Considerarase que conviven co contribuínte, entre outros, os fillos nados ou adoptados que, dependendo do mesmo, estean internados en centros especializados

Formalización

Os datos reflectiranse na fila que corresponda segundo o número de orde que represente o fillo nado ou adoptado. Se durante o ano se producise o nacemento ou adopción de varios fillos, cada un deles reflectirase na fila correspondente ao seu número de orde. Por exemplo, se se produciu o nacemento de dous fillos, que son o segundo e o terceiro, na fila correspondente a "primeiro ou segundo" reflectirase 1 e na de "terceiro" farase constar tamén 1.

Os datos anteriores reflectiranse no recadro "Común" cando en caso de matrimonio os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os dous cónxuxes.

Noutro caso, os devanditos datos reflectiranse no recadro "Do Titular ". Neste suposto deberá indicar, adicionalmente, o número de persoas con dereito a aplicar a dedución.

Importante: No suposto de fillos nados ou adoptados no 2018 con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 por 100, relacionaranse adicionalmente no apartado específico da xanela, reflectindose na fila correspondente ao seu número de orde entre os que teñen o grao de discapacidade esixido de acordo cos mesmos criterios mencionados anteriormente.