Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.5.8. Por contribuíntes con discapacidade e maiores de 65 anos

Por circunstancias persoais poderán aplicarse as seguintes deducións compatibles entre si:

  • Por cada contribuínte con discapacidade e cun grao de discapacidadigual ou superior ao 33 por 100: 300 euros.

  • Por cada contribuínte maior de 65 anos: 120 euros.

A determinación das circunstancias persoais e familiares que deban terse en conta para a aplicación desta dedución realizarase atendendo á situación existente na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro de 2018).

Só terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes que non obtivesen rendas no exercicio en que se orixina o dereito á dedución por un importe superior a 39.000 euros na súa base impoñible xeral  sumada á base impoñible do aforro  e, no suposto de tributación conxunta, cando a unidade familiar non obtivese rendas por un importe superior a 52.000 euros.

Nota: A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos reflectidos na xanela de datos persoais e familiares.