10.6.8. Por gastos de enfermidade
-
O contribuínte poderase deducir un 10 por cento dos gastos e honorarios profesionais abonados durante o ano pola prestación de servizos sanitarios por motivo de enfermidade, saúde, embarazo e nacemento de fillos, accidentes e invalidez, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.
Limites : Esta dedución terá un límite anual de 500 euros en declaración individual e de 700 en declaración conxunta.
Estes límites incrementaranse en 100 euros en tributación individual cando o contribuínte sexa unha persoa con discapacidade e acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento. No caso de tributación conxunta o incremento será de 100 euros por cada contribuínte coa devandita discapacidade.
-
O contribuínte poderase deducir un 5 por cento das cantidades pagas durante o ano en concepto de cotas a mutualidades ou sociedades de seguros médicos non obrigatorios, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.
Límites : Esta dedución terá un límite anual de 200 euros en tributación individual e de 300 en tributación conxunta.
Estes límites incrementaranse en 100 euros en tributación individual cando o contribuínte sexa unha persoa con discapacidade e acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento. No caso de tributación conxunta o incremento será de 100 euros por cada contribuínte coa devandita discapacidade.
- No caso de declaración individual, só poderá aplicar a dedución o contribuínte en que concorran o pagamento da factura e o destinatario dos servizos médicos.
A base conxunta desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura e satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en conta en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que presten os servizos. En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.
Formalización : Deberá reflectir por separado as cantidades satisfeitas pola prestación de servizos sanitarios por un lado, e as cantidades satisfeitas por cotas a mutualidades ou seguros médicos por outro.