Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.7.2. Por discapacidade do contribuínte

Os contribuíntes con discapacidade poderán deducirse da cota íntegra autonómica 300 euros.

Requisitos:

  • Deberá acreditarse un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.

  • A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta.

  • Esta dedución será incompatible coa dedución por contribuínte maior de 75 anos. No caso de que o contribuínte maior de 75 anos teña a condición de discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.

  • En tributación conxunta esta dedución será incompatible pola mesma persoa coa dedución por discapacidade de descendentes debendo aplicarse esta última.

Nota: A dedución será calculada polo programa de acordo cos datos que indicase nas xanelas de "Datos persoais e familiares".