Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.7.4. Por contribuíntes maiores de 75 anos

Os contribuíntes maiores de 75 anos poderán deducirse a cantidade de 150 euros.

Requisitos:

  1. Non procederá a dedución cando o contribuínte resida durante máis de trinta días naturais en Centros residenciais de Maiores da Xunta de Comunidades de Castilla - La Mancha ou en prazas concertadas ou subvencionadas por esta noutros centros.
  2. A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta
  3. Esta dedución será incompatible coa dedución por discapacidade do contribuínte. No caso de que o contribuínte maior de 75 anos sexa persoa con discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 %, aplicarase a dedución por discapacidade.

Formalización

Abrirase unha xanela en que deberá indicar se o titular da dedución non residiu durante máis de trinta días naturais en Centros residenciais de Maiores da Xunta de Comunidades de Castilla - La Mancha ou en prazas concertadas ou subvencionadas por esta noutros centros.