Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.7.7. Por familia numerosa

Os contribuíntes que a data de devindicación do imposto teñan recoñecida a condición de familia numerosa poderán deducirse as seguintes cantidades:

  • Familias numerosas de categoría xeral 200 euros.

  • Familias numerosas de categoría especial 400 euros.

A dedución será de 300 e 900 euros, respectivamente cando algún do cónxuxes e descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto, teñan acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento e xeren o dereito á aplicación do mínimo por discapacidade.

Requisitos:

A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar a cantidade de 27.000 euros en tributación individual ou a 36.000 euros en tributación conxunta

Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución polos mesmos descendentes, e algún deles non cumpra os requisitos establecidos no punto anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes previstas na lexislación estatal.

Formalización:

Indicarase a través dunha xanela de captura de datos a seguinte información:

  • A dedución corresponderá a quen posúa o título de familia numerosa (normalmente os pais). En caso de matrimonio, cando a dedución corresponda a ambos os dous cónxuxes, marcarase cunha "X" na columna "Común" a categoría de familia numerosa en que se ache clasificado.

  • En caso contrario, marcarase na columna "Do Titular ".

  • Débese indicar, ademais,, o número de persoas que terían dereito a aplicarse a dedución sen ter en conta a contía da súa renda: "1" cando só podería aplicara o titular seleccionado; "2" cando puidesen aplicara dúas persoas etc,