Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.8.3. Por cantidades doadas a fundacións de Castilla y León e para a recuperación do patrimonio histórico, cultural e natural

Sobre a parte autonómica da cota íntegra poderase deducir o 15 por 100 das cantidades doadas coas seguintes finalidades:

  1. Cantidades doadas para a rehabilitación ou conservación de bens que se encontren no territorio de Castilla y León, que formen parte do Patrimonio Histórico Español ou do Patrimonio Cultural de Castilla y León e que estean inscritos no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural ou incluído no Inventario Xeral a que se refire a Lei 16/1985, de Patrimonio Histórico Español ou nos rexistros ou inventarios equivalentes previstos na Lei 12/2002, do 11 de xullo, de Patrimonio Cultural de Castilla y León, cando se realicen a favor das seguintes entidades:

    • As Administracións Públicas, así como as Entidades e Institucións dependentes das mesmas.

    • A Igrexa Católica e as igrexas, confesións ou Comunidades relixiosas que teñan subscritos acordos de cooperación co Estado español.

    • As fundacións ou asociacións que, reunindo os requisitos establecidos no Título ll da Lei 49/2002, do 23 de decembro, inclúan entre os seus fins específicos a reparación, conservación ou restauración do Patrimonio Histórico.

  2. Cantidades doadas para a recuperación, conservación ou mellora de espazos naturais e lugares integrados na Rede Natura 2000, situados no territorio de Castilla y León, cando se realicen a favor das Administracións Públicas así como das entidades e institucións dependentes das mesmas.

  3. Cantidades doadas a Fundacións inscritas no Rexistro de Fundacións de Castilla y León, sempre que por razón dos seus fins, estean clasificados como culturais, asistenciais ou ecolóxicas.

Para a aplicación desta dedución, o contribuínte deberá estar en posesión da xustificación documental da doazón realizada cos requisitos establecidos no artigo 24 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos ao mecenado.

Límite : A base desta dedución canda a seguinte, relativas ao Patrimonio Histórico, Cultural e Natural de Castilla y León, non poderá exceder do 10 por 100 da base liquidable. Este límite, que opera independentemente das deducións xerais por investimentos e donativos, é aplicado e controlado polo programa.

Requisitos:

Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta.

Formalización

Na xanela reflectiranse as cantidades doadas con dereito á dedución.