Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

10.9.1. Por nacemento ou adopción dun fillo

Sobre a parte autonómica da cota íntegra dos contribuíntes residentes na Comunidade Autónoma de Cataluña poderá practicarse unha dedución de 150 euros por cada un dos proxenitores polo só feito do nacemento ou adopción dun fillo, acontecido durante o período impositivo. A dedución será de 300 euros se se trata de declaración conxunta de ambos os dous proxenitores ou adoptantes.

Formalización

En caso de matrimonio consignarase no recadro «Común» os fillos nados ou adoptados que orixinen dereito á dedución a ambos os dous proxenitores ou adoptantes.

Noutro caso, farase constar no recadro «Titular».