Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

12.4. Exceso non reducido achegas a favor de persoas con discapacidade

Neste apartado aparecera o exceso non reducido das achegas e contribucións a sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade pendente de reduciren os exercicios seguintes.

En primeiro lugar apareceran as achegas pola persoa con discapacidade partícipe, isto é, o declarante, cónxuxe e outras persoas que forman parte da unidade familiar.

Quedarán reflectidas as  cantidades introducidas no recadro 0472, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2013 a 2017, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2018, e as cantidades non aplicadas  que se solicita  poder reducir nos 5 exercicios seguintes.

De seguido aparecerán as achegas realizadas polo declarante e / ou cónxuxe a favor de parentes ou tutelados.

quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0473, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2013 a 2017, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2018, e as cantidades non aplicadas  que se solicita  poder reducir nos 5 exercicios seguintes.