Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

12.5. Exceso non reducido achegas a patrimonios protexidos

Neste apartado queda reflectido o exceso non reducido das achegas a patrimonios protexidos de persoas con discapacidade pendente de reducir nos exercicios seguintes.

Quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0479, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2014 a 2017, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2018, recadro 0480, e as cantidades non aplicadas  que se solicita  poder reducir nos  4 exercicios seguintes.