Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.1.3.1.3. Dedución por dobre imposición internacional (réxime de transparencia fiscal internacional)

Será deducible da cota líquida o imposto ou gravame efectivamente satisfeito no estranxeiro por razón da distribución dos dividendos ou participacións en beneficios, sexa conforme a un convenio para evitar a dobre imposición ou de acordo coa lexislación interna do país ou territorio de que se trate, na parte que corresponda á renda positiva incluída na base impoñible.

Esta dedución practicarase aínda cando os impostos correspondan a períodos impositivos distintos a aquel en que se realizou a inclusión.

En ningún caso deduciranse os impostos satisfeitos en países ou territorios cualificados regulamentariamente como paraísos fiscais.

Esta dedución non poderá exceder da cota íntegra que en España correspondería pagar pola renda positiva incluída na base impoñible. Este límite non é controlado polo programa. Por iso, deberá indicarse a contía dos impostos deducibles en tributación individual e en tributación conxunta, no suposto de que o importe deducible fóra distinto en cada caso.

O importe da dedución por dobre imposición internacional deberá consignarse no recadro  0588 da páxina 17 da declaración.