Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.1.3.2.3. Imputación de rendas positivas

IMPORTE DAS RENDAS POSITIVAS IMPUTABLES

O importe da renda positiva a imputar calcularase de acordo cos principios e criterios establecidos na normativa do Imposto de Sociedades para a determinación da base impoñible.

Con esta finalidade utilizarase o tipo de cambio vixente ao peche do exercicio social da entidade non residente en territorio español.

Unha mesma renda positiva soamente poderá ser obxecto de imputación por unha soa vez, calquera que sexa a forma e a entidade en que se manifeste.