Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.12.1.1. Ideas xerais

Os erros ou omisións padecidas en declaracións xa presentadas que motivasen a realización dun ingreso inferior ao que legalmente correspondese ou a recepción dunha devolución superior á procedente, deben regularizarse mediante a presentación dunha declaración-liquidación complementaria á orixinariamente presentada.

Tamén deben regularizarse mediante a presentación de declaracións-liquidacións complementarias aquelas situacións ou circunstancias sobrevidas que motiven a perda do dereito a unha redución ou exención xa aplicada nunha declaración anterior.

Non obstante, a perda do dereito a determinadas deducións, debe regularizarse na declaración do exercicio en que se producise o incumprimento dalgún dos requisitos esixidos para a consolidación do dereito ás devanditas deducións.

En todo caso, as declaracións complementarias deberán realizarse nos impresos correspondentes ao exercicio que é obxecto de regularización.