Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.2.1.2. Individualización

As ganancias e perdas patrimoniais consideraranse obtidas polos contribuíntes que, segundo o previsto no artigo 7 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do Imposto sobre o Patrimonio, sexan titulares dos bens, dereitos e demais elementos patrimoniais de que proveñan.

As adquisicións de bens e dereitos que non se deriven dunha transmisión previa, como as ganancias no xogo, consideraranse ganancias patrimoniais da persoa a quen corresponda o dereito á súa obtención ou que as gañase directamente

As ganancias patrimoniais non xustificadas atribuiranse en función da titularidade dos bens ou dereitos en que se manifesten.

Atención: As ganancias e perdas patrimoniais obtidas por unha entidade en réxime de atribución de rendas de que o contribuínte sexa membro ou partícipe deberán consignarse no apartado "Réximes especiais: Réxime de atribución de rendas" (apartado F da páxina  9 da declaración) pola parte que en cada caso resulte atribuíble ao contribuínte como consecuencia da aplicación do réxime especial de atribución de rendas.