Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2018

8.2.3.5. Separación de socios e disolución de sociedades

Nos casos de separación dos socios ou disolución de sociedades, considerarase ganancia ou perda patrimonial, sen prexuízo das correspondentes á sociedade, a diferenza entre o valor da cota de liquidación social ou o valor de mercado dos bens recibidos e o valor de adquisición do título ou participación de capital que corresponda.

Disolución e liquidación de determinadas sociedades civís: Réxime transitorio (D.T. 19 Lei IRPF)

Ás sociedades civís con obxecto mercantil que con anterioridade a 1 de xaneiro de 2016 aplicaban o réxime de atribución de rendas do IRPF e que, a partir desa data, cumpren os requisitos para adquirir a condición de contribuínte do Imposto sobre Sociedades se lles ofreceu a posibilidade, dentro dos prazos fixados pola disposición transitoria décimo novena da Lei do IRPF, de acordar a súa disolución e liquidación, aplicandose un réxime fiscal especial que consiste en que os socios só se tributarán no momento da liquidación cando se perciba diñeiro ou créditos ou signo que o represente, diferir a tributación dos restantes elementos de activo adxudicado ao socio ao momento en que se transmitan.